Feliz ano novo e… o prometido é débeda: as postais de Nadal.

Tal e como reza o encabezado deste post primeiro de todo queremos desexarvos a tod@s que neste ano que acabamos de comezar vexades cumpridos todos os vosos desexos.

E a continuación, cumprindo co establecido nas bases do II Concurso de Postais de Nadal, publicaremos todas as postais participantes colocando en primeiro lugar -como non podía ser doutro xeito- as tres escollidas polo xurado para ser utilizadas como postais “oficiais” do Conservatorio.

As tres postais gañadoras:

bn1_20141216123710_00001 bn2_20141216123826_00001 bn3_20141216123928_00001

E o resto de participantes:

bn4_20141216124015_00001 bn5_20141216124107_00001 bn6_20141216124158_00001 bn8_20141216124335_00001 bn9_20141216124414_00001 bn7_20141216124246_00001 bn10_20141216124624_00001 bn11_20141216124712_00001 bn12_20141216124813_00001 bn13_20141216124903_00001 bn14_20141216125000_00001 bn15_20141216125047_00001 bn16_20141216125140_00001 bn17_20141216125242_00001 bn18_20141216125331_00001 bn19_20141216125414_00001 bn20_20141216125503_00001 bn21_20141216125549_00001 bn22_20141216125651_00001 bn23_20141216125733_00001 bn24_20141216125921_00001 bn25_20141216130006_00001 bn26_20141216130050_00001 bn27_20141216130130_00001 bn28_20141216130215_00001 bn29_20141216130306_00001

Só nos queda agradecer a tod@s os concursantes o seu traballo e animarvos a tod@s a continuar participando nas actividades organizadas polo EDLG.

2ª edición do Concurso de Postais de Nadal

postais_nadalDespois do éxito acadado na primeira edición celebrada o pasado ano presentamos hoxe a segunda convocatoria do Concurso de Postais de Nadal no que poderá participar todo o alumnado do centro que teña entre 8 e 12 anos. Como novidade, os debuxos gañadores da edición deste curso ademais de ser utilizados como postais oficiais do centro terán como premio un vale que poderán canxear por material bibliográfico e/ou audiovisual nunha librería da cidade. Haberá tamén un pequeno obsequio para todos os participantes. O prazo de inscrición remata o venres, 12 de decembro, e o acto de entrega de premios terá lugar na Biblioteca do centro o xoves, 18 de decembro, ás 18 h.

¡¡¡Animádevos a participar!!!

Concerto de música coral galega no CMUS Ourense

Imaxe

Este mércores, a partires das 20 h., celebrarase no Auditorio do conservatorio un concerto de música coral que estará protagonizado polo noso coro de Grao Profesional e polo Coro Universitario do Campus de Ourense. Neste concerto, incluído dentro da programación de actividades organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, poderemos escoitar música coral galega e portuguesa. Agardamos vervos alí a tod@s!!!

Novo número da revista En solfado

Imaxe

Hoxe víu a luz o terceiro número da revista que profesores e alumnos do centro elaboran cada ano. Este terceiro exemplar inclúe artigos que versan sobre temáticas tan dispares coma o barallete, Verdi, a relación entre as TIC e a música, o mosteiro de Celanova, composicións, crítica discográfica, etc. Como poderedes observar, neste número, seguindo o camiño iniciado nos dous anteriores, os temas tratados son variados e, como non podía ser doutro xeito, interesantes así que animádevos a mercala; non vos arrepentiredes!

V edición do Certame Literario

Dando continuidade á iniciativa tomada hai xa cinco anos o EDLG do Conservatorio Profesional de Música de Ourense presenta unha nova edición do Certame Literario na que poderán participar alumnos e alumnas de todos os cursos. Poderanse presentar textos nos seguintes formatos: conto, relato breve, poesía, micropoema, haiku, banda deseñada, etc. O único requisito é que a temática teña que ver coa música e que estean redactados en galego.

bases_2014