O próximo día 18 de Novembro realizarase un ensaio no Auditorio do noso Conservatorio desde as 16 horas dunha agrupación especial froito da unión da Banda de Música Municipal de Ourense e Alumnado e Profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Ourense.
O día 25 de Novembro realizarase o segundo ensaio ás 16 horas e, posteriormente o concerto na capela de Santa Eufemia a Maior (Rúa do Paseo), ás 20:30 horas.
Animámosvos a todas e a todos a asistir a este acontecemento inédito que terá garantido éxito e que por suposto será aberto para a asistencia de quen desexe tanto nos ensaios do Conservatorio coma no concerto na igrexa de Santa Eufemia (Rúa do Paseo).
Arquivado en: Uncategorized