EnSolFaDo

 

A elaboración do segundo número da revista do centro está en marcha.

Se queredes parcipar podedes enviar as vosas aportacións ata o 10 de febreiro.

Na sección de DESCARGAS, no apartado dedicado á Biblioteca e á Revista atoparedes máis información.

Concerto da Banda de Música de Ourense Coa Participación do Alumnado do CMUS

O próximo día 18 de Novembro realizarase un ensaio no Auditorio do noso Conservatorio desde as 16 horas dunha agrupación especial froito da unión da Banda de Música Municipal de Ourense e Alumnado e Profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Ourense.
O día 25 de Novembro realizarase o segundo ensaio ás 16 horas e, posteriormente o concerto na capela de Santa Eufemia a Maior (Rúa do Paseo), ás 20:30 horas.
Animámosvos a todas e a todos a asistir a este acontecemento inédito que terá garantido éxito e que por suposto será aberto para a asistencia de quen desexe tanto nos ensaios do Conservatorio coma no concerto na igrexa de  Santa Eufemia (Rúa do Paseo).

EN SOLFADO

Xa está dispoñible na web(http://www.conservatoriourense.org/?seccion=descargas) o primeiro número da revista EN SOLFADO que profesores, alumnos e persoal non docente do Conservatorio Profesional de Música de Ourense elaboraron ao longo do curso 2010-2011. Neste primeiro número atoparedes artigos que versan sobre temáticas tan diversas coma interesantes que van dende o jazz ata a relación entre o deporte e a música, dende a mitoloxía ata o medo escénico.
Agardamos que todos os contidos incluídos neste primeiro exemplar sexan do voso interese e desexamos que a súa lectura sexa para vos grata e enriquecedora.

I Certame OUFF Escola

Lémbrovos que  o día 15 de maio remata o prazo para inscribirse no  I Certame de Cinema OUFF ESCOLA.

http://www.ouff.org/index.php/content/view/44/74/

ouff-cinema1

Audiovisual Galego

   No enderezo electrónico http://flocos.tv/ , existen moitas producións AV galegas (documentais, animación, ficción) que poden ser de interese para todos.

flocos3

IV Seminario de Dinamización Lingüística

  images61 

   O prazo de inscrición no IV Seminario de Dinamización Lingüística será até o día 15 de abril incluído.
   Esta actividade desenvolverase no IES Universidade Laboral de Ourense durante os días 21, 22, 23,  28, 29 e 30 de abril de 2009, en horario de 18 a 21  

   O profesorado poderá inscribirse no enderezo www.edu.xunta.es/fprof.

¡Benvidos!

Benvidos a XINGRA, o blogue do Equipo de Normalización Lingüística do Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Neste espazo virtual poderedes atopar información sobre recursos, actividades, etc., que teñan coma protagonista principal a nosa lingua: o galego.

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.